Ángeles - ITV de Sabón
Juan - Estación SYC itv de Lugo

Unha iniciativa diferente

O noso reto: inserción sociolaboral de persoas con discapacidade intelectual.

Hai xa algúns anos que no grupo de empresas Fomento de Iniciativas tomamos a decisión de asumir un novo reto: sabedores do noso compromiso social, decidimos abrir as nosas ofertas laborais á diversidade funcional, en particular a persoas con minusvalidez intelectual.

Pasado este tempo, coas persoas plenamente integradas e demostrando as súas aptitudes, compromiso e capacidades, estamos tan orgullosos da experiencia e da corresponsabilidade ética, social e empresarial que nos está a achegar, que queremos animar e apoiar a outras empresas ou organismos a que se involucren, coa seguridade de que os beneficios obtidos superarán amplamente o esforzo.

FUNDACIÓN ANADE

Tivemos a honra de recibir o Premio Fundación Anade de Integración Social 2016 no eido de Galicia, que recoñéce a labor de SYCitv a favor do colectivo de persoas con discapacidade.

O Obxectivo que persiguen estes premios é o de recoñecer a labor continuada a favor deste colectivo, de entidades ou persoas que traballan para mellorar a calidade de vida destes ciudadáns, tan especiais pola súa forma de ver a vida.

PREMIOS CEGOS

En xuño do 2014, fomos galardoados na V Edición dos Premios Cegos con Equipos & Talento, na categoría Selección e Integración.

Obtendo o premio a nivel nacional, recoñecen ao proxecto SonCapaces pola súa constante evolución na integración socio-laboral de persoas con minusvalidez intelectual, a metodoloxía empregada para logralo e o valor que bota a nivel organizacional e humano.

Emprego con apoio

As persoas con discapacidade intelectual encontran moitas dificultades no mercado de traballo ordinario polo descoñecemento das súas capacidades por parte do empresariado e pola crenza nas dificultades de integración destas persoas.

A metodoloxía de emprego con apoio trata de axudar por medio dun conxunto de actividades de orientación e acompañamento individualizado que prestan, no propio posto de traballo, preparadores e preparadoras laborais. O proxecto conta cunha formación práctica na empresa, previa ao emprego.

O noso proxecto contou coa colaboración de FADEMGA, onde poden ofrecervos toda a información e axuda que necesitedes.

Un compromiso rendible

Non tes unha ONG, tes unha empresa, buscas rendibilidade. Tes iniciativa e queres facer algo máis. Por iso imos darche varias razóns, coas que esperamos convencerte de que un proxecto deste tipo tamén pode ser bo para a túa empresa:

  • Orgullo e satisfacción polo compromiso.
  • Traballadores e traballadoras que se involucran, que se senten parte dunha empresa e un proxecto responsable. A homoxeneidade é aburrida, a diversidade é enriquecedora para todos.
  • Visibilidade social.
  • Presenza en medios de comunicación.
  • Bonificacións.