inicio

unha iniciativa diferente

O noso reto: inserción laboral de discapacitados intelectuais.

Fai xa algúns anos que no grupo de empresas Fomento de Iniciativas tomamos a decisión de asumir un novo reto: conscientes do noso compromiso social, decidimos abrir as nosas ofertas laborais a persoas con minusvalidez intelectual.

Pasado este tempo, coas persoas plenamente integradas e demostrando as súas aptitudes, compromiso e capacidades, estamos tan orgullosos da experiencia e da corresponsabilidade ética, social e empresarial que nos está a achegar, que queremos animar e apoiar a outras empresas ou organismos a que se involucren, coa seguridade de que os beneficios obtidos superarán amplamente o esforzo.

Un compromiso rendible.

Non tes unha ONG, tes unha empresa, buscas rendibilidade. Tes iniciativa e queres facer algo máis. Por iso imos darche varias razóns, coas que esperamos convencerte de que un proxecto deste tipo tamén pode ser bo para a túa empresa:

  • Orgullo e satisfacción polo compromiso.
  • Traballadores e traballadoras que se involucran, que se senten parte dunha empresa e un proxecto responsable. A homoxeneidade é aburrida, a diversidade é enriquecedora para todos.
  • Visibilidade social.
  • Presenza en medios de comunicación.
  • Bonificacións.

Emprego con apoio.

As persoas con discapacidade intelectual encontran moitas dificultades no mercado de traballo ordinario polo descoñecemento das súas capacidades por parte do empresariado e pola crenza nas dificultades de integración destas persoas.

A metodoloxía de emprego con apoio trata de axudar por medio dun conxunto de actividades de orientación e acompañamento individualizado que prestan, no propio posto de traballo, preparadores e preparadoras laborais. O proxecto conta cunha formación práctica na empresa, previa ao emprego.

O noso proxecto contou coa colaboración de FADEMGA, onde poden ofrecervos toda a información e axuda que necesitedes.

web Fomento de Iniciativas

soncapaces é unha iniciativa do grupo de empresas Fomento de Iniciativas para promover a inserción laboral de discapacitados intelectuais.