os anos pasan
2001
Comezamos en setembro. A metodoloxía escollida é 'Emprego con apoio', e contamos coa colaboración de FADEMGA.
Despois dun período de formación e selección con 5 persoas procedentes de ASPRONAGA, Supervisión e Control SA contrata a Esteban para a estacion ITV do Espírito Santo, a Areosa para a de Sabón e a Francisco en Lugo.
En novembro incorpórase Kiko n as oficinas centrais.
2002
Despois doutro curso de formación, se contrata a Antonio para Tambre e a Xesús para Cacheiras que logo é sustituido por Jose Luis.
Formación na Gándara (Ferrol). Empeza Ramón.
Incorpórase Javier, despois dun curso de formación en San Cibrao dás Viñas (Ourense).
Formación na ITV de Peinador (Vigo). Almudena empeza a traballar.
Formación no Porriño. Contrátase a Ana Laura.
2003
Curso de formación en Pontebora (Pontevedra).Incorpórase Manuel.
Formación na ITV de Vilagarcía. Valerio é contratado.
Empeza a traballar Maria Jesús en Curro (Pontevedra).
Realizamos un curso de atención ao cliente.
Temos páxina web! para contar a nosa experiencia.
2004
Taller práctico de actividades sociolaborais na Sede Central, co obxectivo de intercambiar experiencias profesionais e persoais. Participan 13 ordenanzas.
Realizamos as "xornadas de balneario" en A Toxa.
Impartimos outro curso de atención ao cliente.
2005
Contrátase a Jose Antonio en xornada de mañá e a Pliar na de tarde para a ITV do Ceao (Lugo).
Ímonos ao balneario de Guitiriz.
FI Náuticas, empresa do grupo, en colaboración coa la Fundación Mª José Jove, empeza o desarrollo de programas e actividades náuticas destinadas a persoas con discapacidades psíquicas e físicas.
2006
Areosa sae na Voz de Galicia!
Taller práctico de habilidades sociais no balneario de Augas Santas (Monforte de Lemos).
Protagonistas Galicia (Punto Radio) realiza tres reportaxes para contar a nosa experiencia a todos os galegos. A nosa autoestima desbórdase.
2007
Artigo no Progreso de Lugo. Verdade que Jose Antonio sae moi ben?.
Contratación de dúas persoas para a ITV de Peinador. Iincorpórase ao grupo Verónica.
O noso Presidente incorpórase ao Patronato da Fundación Adcor.
As nosas xornadas de balneario gozámolas este ano en Sanxenxo (Pontevedra).
2008
Novas entrevistas en Protagonistas Galicia (Punto Radio).
"Eu tamén traballo", Reportaxe en A Nosa Terra.
O xornal Que! publica un artigo sobre emprego con discapacitados.
Fin de semana do 1 de novembro. Ímonos ao balneario de Lugo.
2009
En CONTECO, outra empresa do Grupo Fomento de Iniciativas, realízase a formación práctica, que dá lugar á contratación de 3 traballadores.
Ímonos de balneario á cidade da Coruña.
2010
En Monforte de Lemos realízase a formación práctica para o emprego de 3 persoas. No mes de abril contrátase a Manuel, que pertence á asociación Prodeme.
Seguindo a mesma metodoloxía, no mes de maio fórmase 3 persoas para a ITV de Ribeira. Incorpórase Luz María.
Renovamos completamente o noso sitio web. Quedou ben?
En outubro, fin de semana de balneario/SPA en Santiago de Compostela. Pasámolo de medo!
2011
Tres días de convivencia no Parador de Baiona. Fomos a Sta. Tegra e a Portugal.
soncapaces é unha iniciativa do grupo de empresas Fomento de Iniciativas para promover a inserción laboral de discapacitados intelectuais.