Confraternización en Viveiro

Máis de 70 traballadores das ITV de Galicia confraternizaron en Viveiro.

A visita, organizada pola ITV local, incluiu un percorrido por algúns lugares emblemáticos do concello e un almorzo nun restaurante do casco.

Máis información en La Voz de Galicia.

Son capaces en Radio Voz

No espazo semanal de SyC-ITV en Radiovoz, esta semana acompañáronnos Adrián Andrade e Esteban Vilar, ordeanzas da estación ITV de O Espírito Santo (A Coruña) e Mercedes Olmedo, directora de RRHH de SyC, para falar sobre a consolidación do proxecto Son Capaces en SyC tras máis de 15 años de andadura.

A sicóloga e voluntaria Amalia Campo, nova incorporación aos Galegos do Ano

Loita por que as persoas con diversidade funcional sexan visibles. Impulsora de Son Capaces, un proxecto pioneiro de ITV en Galicia que acolle a integración laboral de 24 homes e mulleres.

Ler o artigo completo en El Correo Gallego

A TVG entrevista a Adrián

A Revista, programa dos servizos informativos da RTVG:

“Entramos nunha ITV de coches para coñecer a xornada de traballo de Adrián Andrade, unha de tantas persoas con capacidades diferentes que teñen a oportunidade de sentirse útiles na sociedade. Contounos as súas inquedanzas, soños e exemplar disciplina, porque sabe que co seu traballo mellora unha empresa que leva moito apostando polas persoas discapacitadas intelectuais. Coñecémolo.”

Ver a nova na RTVG

Unha ITV para conquistar mundo

Para competir con éxito nesta era global hai que ser distinto. Ofrecer ao potencial cliente valor engadido, un factor diferencial que decante a balanza cando chega a hora de conquistar un contrato. Conscientes diso, en Supervisión y Control (SyC), a empresa galega que gestiona e explota os puntos de Inspección Técnica de Vehículos (ITV) que hai na comunidade, decidiu hai case dous anos activar un proxecto que habería de impulsar os plans de internacionalización nos que traballa. A idea? Unha ITV modular, fácil de montar e desmontar, trasladable ademais con relativa sinxeleza a calquera país do mundo polo que apostase.

 

Máis información en La Voz de Galicia

Premio Fundación Anade

Temos a honra de recibir o premio outorgado pola Fundación Anade, dedicada á inclusión social e laboral de persoas con discapacidade mediante a arte e a creatividade, a SYC itv pola contribución á inclusión sociolaboral de persoas con diversidade funcional.

Sentímonos moi orgullosos e agradecidos!

Máis información na reportaxe da Televisión de Galicia ou na noticia de El Progreso de Lugo (PDF).

María e Kiko en Radio Voz

Acudimos a Radio Voz a contar a nosa experiencia no noso 15º aniversario. Como portavoces do proxecto, Kiko Sánchez, escaneador en Servizos Centrais e María Muñoz, ordenanza en Sabón. Acompañados por Carmen Fernández, portavoz de SYC e Mercedes Olmedo, directora de Recursos Humanos.

Encontro no Círculo de Empresarios de Vigo

Acudimos ao encontro celebrado no Círculo de Empresarios de Galicia en Vigo coa organización de Aedipe, a compartir o noso proxecto con outras empresas.

Máis información na reportaxe de La Voz de Galicia.

Fin de semana de convivencia

En Ouctubro pasamos a anual fin de Semana de Convivencia en Sevilla.

¡Este ano viaxamos todos xuntos en avión por primeira vez!

Sen dúbida, unha experiencia inolvidable.

Reportaxe en El Metropolitano

O xornal local El Metropolitano (PDF) difunde na súa edición de Setembro, o proxecto Son Capaces mediante unha reportaxe a Kiko, Areosa, Esteban e Ángeles.