Aviso legal

I. A páxina web http://www.soncapaces.com foi creada e é mantida pola empresa ?INVESTIMENTOS FINISTERRE, S.L. (en diante, ‘IF’), con CIF número B15115934.

‘IF’ é unha sociedade constituída de acordo á lexislación española, e inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, ao Tomo 2577 do arquivo, sección xeral, folio 76, folla número C-4648

II. Os datos de contacto de “IF”son os seguintes:

  • Teléfono: + 981 911 800
  • Fax: + 981 911 801 / 802
  • Enrique Mariñas, 36-1º Edificio Torre Cristal
    Polígono Matogrande
    15009 A Coruña – España.

III. A páxina web ten unha finalidade meramente informativa, sen que sexa posible contratar servizos ou comprar produtos a través do mesmo. A información facilitada no mesmo non pode entenderse en ningún caso, nin substituír, ao asesoramento profesional.

‘IF’ non se responsabiliza da exactitude, actualización ou veracidade dos documentos, artigos e, en xeral, dos contidos que figuran na Web.

IV. Os distintos elementos da páxina web (fotografías, artigos, vídeos, etc), así como a páxina web no seu conxunto, están protexidos pola normativa española e internacional de propiedade industrial e intelectual. En especial, as marcas, logos e o resto de signos distintivos que aparecen nesta web son propiedade de ‘IF’, ou de terceiros que nos autorizaron ao seu uso.

Está prohibida a reprodución total ou parcial dos mesmos ou de calquera contido da Web con fins comerciais, salvo autorización expresa e por escrito de ‘IF’.

V. ‘IF’ non asume ningunha responsabilidade en relación aos danos que poidan producirse nos equipos ou dispositivos dos usuarios como consecuencia da navegación pola súa páxina web, nin ofrece ningunha garantía en canto á corrección de erros de funcionamento, ou actualización de contidos da mesma.

VI. A navegación pola web non implica a recollida de datos de carácter persoal, salvo os que o usuario decida voluntariamente facilitar a través dos formularios e correos electrónicos de contacto. Con todo, utilizamos cookies que poderán descargarse no equipo ou no dispositivo electrónico desde o que accede o usuario. Para máis información, lea a nosa Política de Cookies.

VII. Se desexa poñerse en contacto con ‘IF’, responsable do Sitio web, pode facelo a través dos datos de contacto indicados no apartado II deste aviso ou na nosa páxina de contacto.